Warhammer Compostela 2025
Data source:
New Recruit
Battle reports by player
Played in this tournament? Write the first report.
It will show on your tournament player page, next to the game.
Results
Rules
Creación de listas de exército e restriccións:
- 1.500 puntos.
- Permitidos os suplementos arcane journal até a data (non heróes).
- Permitidos exérctios “legacy”.
- Permitidos aliados e/ou mercenarios.
- Máximo 3 unidades/personaxes iguais (mesmo nome), incluíndo monturas de personaxes que coincidan con outras entradas da composición.
- Restricciones durante a partida: as unidades non poden formar filas de máis de 10 miniaturas e non pode haber más de 2 personaxes á vez na mesma unidade.
- Pódense representar miniaturas con outras (proxear) si se distinguen claramente.
- Subir a lista a Newrecruit antes do día 5 de Maio. (envía no correo de inscripción o teu nome de usuario da aplicación para poder ser incorporado ao torneo).
Desenvolvemento e forma de puntuar do torneo:
Xogaranse 3 rondas cos despregamentos indicados na seguinte sección.
Horarios:
09:15 - Recepción
09:30 - 12:30 Control de camiños (obxectivo secundario 1) - 6 turnos
12:30 - 15:00 Que lles corten a cabeza! (obxectivo secundario 2) - 6 turnos
15:00 - 16:30 Xantar
16:30 - 19:00 A batalla de Mirstadt (obxectivo secundario 3) - 6 turnos
19:00 – Sorteo e fin do torneo
Sistema de puntuación
- Unidades aniquiladas ou fuxidas do taboleiro: 100%
- Unidades no taboleiro fuxindo ao final da partida: 50%
- Unidades (e personaxes) ao 50% dos seus efectivos ou feridas iniciais: 50%
- Unidades que cumpran ambolos dous puntos 2 e 3: 100%
- Xeneral e/ou Portaestandarte de Batalla eliminados: 100 e 50 puntos extra respectivamente.
- Estandartes capturados dan 50 puntos extra.
Diferenza de puntos acadados:
PV PT
0-150 ______10-10
151-300 ____11-9
301-450 ____12-8
451-600 ____13-7
601-750 ____14-6
751-900 ____15-5
901-1050 ___16-4
1051-1200 __17-3
1201+______18-2
O gañador do torneo será quen teña gañado máis partidas, desempatando por puntos de torneo e seguidamente por puntos de victoria totais acadados.
ESCENARIOS
Un lugar estratéxico en Border Princes. Diversas faccións amosan o seu interesa en controlar o paso do río e o camiño que o transcurre pola beira norte.
Objetivo secundario 1. Control de camiños
Ambas forzas se atopan co camiño separando as tropas, de vital importancia para o suministro da futura campaña nestes territorios.
- Para controlar un obxectivo ten que haber unha unidade a menos de 6” del ao final da partida (contrólase por potencia de unidade).
- Ao final da partida o exército que controle máis obxectivos suma 2 puntos de victoria e o rival resta outros 2.
Obxectivo secundario 2. Que lles corten a cabeza!
A campaña extendese a modo de escaramuzas polos campos ao norte do río e ao leste de Mirstadt, onde a pillaxe por obter suministros prolóngase durante semanas até que os exércitos deciden poñer fin ao baile e intentar acabar cos líderes do exército contrario antes de chegar á cidade. A batalla ten lugar a dous días de viaxe da cidade, ao carón dunha antiga torre, hoxe en ruinas, onde as lendas locais sitúan sucesos extraños e incompletos.
- No centro do taboleiro se sitúan as Ruinas Arcanas (p. 274 do manual, ollo, soamente unidades de infantería con unidade de potencia inferior a 20 ou cun heroe). Ao final da batalla o xogador que controle as ruinas obtén 100 puntos de victoria adicionais.
- Eliminar o xeneral contrario outorga 50 puntos extras neste escenario.
Obxectivo secundario 3. A Batalla de Mirstadt
A máis meridional das cidades que comprenden a Confedereación de Cidades-Estado do Norte. Benefíciase en gran medida do comercio que penetra polo golfo e se dirixe cara ao Imperio polo sur, Wisseland e Averland. Pero a cidade conta con débil guarnición pois o paso de varios exércitos ao norte do río non foi observada a tempo e os mensaxeiros tardarán en chegar para pedir axuda ou contratar mercenarios noutas cidades-estado, polo que é tomada fácilmente por un exército de forzas invasoras. Pero o control deste punto estratéxico, onde se pode establecer unha firme base de operacións para futuras campañas na rexión, é ambicionado por outras faccións…
- Antes do despregue, o atacante asigna un terzo do seu exército a forzas de flanco. O xeneral debe permanecer co exército principal.
- Ao comezo do terceiro turno do atacante compróbase se chega o continxente destinado ao flanco, nun dos flancos posibles (esquerdo ou dereito). As tropas chegan cun resultado de 4+, engadindo +1 a tirada por cada turno posterior. O límite de despregue destas unidades está indicado cunha liña de puntos no mapa.
- As unidades non poden cargar o turno no que entran polo flanco pero si poden marchar.
- Ao finalizar a batalla, o exército que controle a vila na colina obtén 3 puntos de victoria e resta outros 3 puntos ao rival.
